É un inmenso pracer e honra formar parte da Xunta Directiva de SEMES-Galicia como vogal de enfermaría.

Nos mais de vinte anos que levo como enfermeiro non puiden mais que constatar a inmensa valia deste colectivo. Dedicámonos a coidar, algo que o ser humano leva facendo dende o principio dos tempos. A enfermaría é a profesión dos coidados, que leva avanzando e evolucionando ó longo do tempo, dende as parteiras sen formación que axudaban a traer nenos ó mundo na Idade Media, pasando por Florence Nightingale ata a ensinanza universitaria regrada da actualidade.

As enfermeiras son a colectivo mais numeroso do sistema sanitario. Non se entende unha Sanidade Publica sen nós. Nos servizos de Urxencias e Emerxencias esta presenza é mais importante aínda. Por eso desde SEMES-Galicia loitamos polo avance e recoñecemento da enfermaría neste campo, que pasa pola ineludible creación e regulación da especialidade de Enfermaría de Urxencias e Emerxencias.

Estás invitado a recorrer este camiño con nós. Séntete totalmente libre para achegarnos as túas dúbidas,  inquedanzas, suxestións, etc. Aquí atoparás o espazo que representa a todas as enfermeiras e enfermeiros de Urxencias e Emerxencias de Galicia.

#EspecialidadeEUExa

Saúdos.

Óscar Estraviz Paz

Vogal de Enfermaría

SEMES-Galicia